- -5%
Gol: aventuras no mar
GOL, AVENTURAS NO MAR
Tokio está de volta na nosa casa coa súa terceira obra. "Gol" é un golfiño que divertirá aos máis pequenos e a toda a familia transmitindo unha mensaxe ecolóxica de respecto cara as especies mariñas e o seu entorno en forma de historietas humorísticas. A publicación está editada coa colaboración de CEMMA e estará en xuño en todas as librarías galegas.
SINOPSE:
Durante os últimos anos, Tokio combinou a súa faceta de biólogo mariño en CEMMA coa de ilustrador e autor de banda deseñada. A súa intensa actividade no rescate de cetáceos nas costas galegas levouno a desenvolver a serie de historietas autoconclusivas Gol, coa clara intención de divulgar unha mensaxe ecolóxica e de complicidade coa fauna mariña a través do humor visual. As historias de Gol están destinadas a todos os públicos e especialmente ao infantil, xa que na infancia está a semente dun mundo que mellore a súa relación coa natureza.
- Editorial
- Demo Editorial
- Idioma
- Gallego
- Fecha de publicación
- 01/05/2018
- Nº de páginas
- 52
- Edad recomendada
- 3
- Tamaño (cm.)
- 22x18,5
- Formato
- Rústica