• -5%
O Camiño de Nós

O Camiño de Nós

9788412132465
Consultar disponibilidad
23,66 € 24,90 € -5%

 


O 8 de xullo do 1926 un grupo de peregrinos saen de Ourense camiño de Compostela. Equipados con trípodes, cámaras fotográficas e un barómetro altimétrico, saen explorar unha ruta sagrada, van facendo camiño entrementres andan. Desa viaxe, Xavier Pardo Bedia publicou unhas luminosas crónicas, publicadas no seu tempo nas páxinas d’A Nosa Terra, e que agora se converten en libro.

Amais do autor fixeron aquela peregrinaxe Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Florentino López Cuevillas e Antón Sánchez. Sete galeguistas que descubriron coas botas nos pés, o seu propio país. Un traxecto espiritual, simbólico e fundamental para a identidade galega. Mais tamén un camiño material que percorreu as parroquias e lugares dos concellos de Ourense, Amoeiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Lalín, Silleda, A Estrada, Vedra, Teo e Santiago de Compostela, deixándonos estampas de sublime beleza.

O Camiño de Nós brilla hoxe en día e por iso esta edición das crónicas de Xavier Pardo Bedia se completa cos traballos gráficos do fotógrafo Xulio Gil e da ilustradora Isabell Seidel.
Idioma
Gallego
Fecha de publicación
17/07/2020
Nº de páginas
156
Tamaño (cm.)
21x20
Formato
Cartoné
Nuevo

16 otros productos en la misma categoría:

Product added to wishlist