De re coquinaria

De re coquinaria

Apicio
9788417388348
Salida el 13/01/2020
16,00 €

 
A alimentación dun pobo é unha das claves de acceso para reconstruír a súa historia. Non dispoñemos dun tratado de cociña no que se reflictan os usos e costumes da cociña romana anterior ao Imperio. Cando Roma entrou en contacto con Asia Menor e descubriu o refinamento das cortes gregas de Oriente, novos produtos pasaron a formar parte da dieta cotiá dos cidadáns romanos. A partir deste momento, a preparación das comidas, segundo Tito Livio, volveuse longa e cara, e os servizos dos cociñeiros, traballo ata entón realizado polos escravos, comezaron a cotizarse moi caros e tívose este oficio como unha arte. O tráfico comercial era xa intenso, e a dispoñibilidade de especias e produtos de luxo medrou desmesuradamente.

Neste contexto sitúase De re coquinaria, tratado que constitúe o corpus da gastronomía mediterránea antiga. Recolle receitas ancestrais romanas, gregas, etruscas, cartaxinesas, sirias, persas e do Exipto dos faraóns, que degustaron os patricios de época imperial, as elites que gozaron dunha vida acomodada preto dos centros administrativos. Trátase dunha colección de fórmulas moi variadas, elaboradas cos ingredientes e condimentos propios duns cociñeiros que preparan algo extraordinario. Esta cociña caracterízase pola mestura de ingredientes, pola riqueza dos pratos e o profundo estudo das súas elaboracións, consumida pola elite romana do Imperio, que buscaba intencionadamente o raro, o extravagante e o caro, para demostrar a súa posición social.
Editorial
Rinoceronte Editora
Idioma
Gallego
Fecha de publicación
13/01/2020
Nº de páginas
186
Formato
Cartoné;Libro no cosido
Nuevo

16 otros productos en la misma categoría:

Product added to wishlist